Grande. Este vídeo amósanos a gran realidade que encontramos na actualidade.O maior problema e o analfabetismo no que viven as persoas dos países subdesenvolvidos; eles traballan para vivir e non poden estudar por eso se encontran nesa situación.En cambio nos non nos encontramos nesa situación,xa que temos unha boa educación, máquinas para traballar ,etc.
A través do vídeo encontramos distintas historias das persoas do Senegal que nos indican diferentes problemas importantes para eles e o seu futuro.Unhas das historias que mais nos chama a atención e a de Soda ( a prima de Binta), ela quere ir ao colexio como a súa prima , pero o seu pai non a deixa xa que dice que ten que que quedarse na casa axudando a súa nai nas tarefas da casa , traballo e coidando dos seus irmáns. A nai dase conta de que a súa filla debe de ir a escola entón decide falar co seu marido , este negase rotundamente coa escusa de que el é o home e tense que facer o que el diga. Conclusión : Nestes países hai moito machismo e trátase a muller casi como un obxecto.
Ese é un dos problemas que deberían solucionar; xunto co de asistir a escola (tanto homes como mulleres ).
Dende logo este vídeo ensínanos a importancia que ten a escola e sobre todo a igualdade que deberían ter os homes respecto das mulleres.Na miña opinión este é un dos vídeos que mellor nos enseña a realidade e os costumes dos países subdesenvolvidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario